Espasantes celebra as súas festas en honra á Virxe dos Remedios esta fin de semana

RibeiraSacraXa
As celebracións comezarán o venres cunha pancetada e queimada popular
festasa-espasantes--2025
2 Sep 2025

A parroquia de Espasantes, en Pantón, acollerá do 5 ao 7 de setembro as súas festas en honra á Virxe dos Remedios, que contarán con música e actividades para todos os públicos.

As celebracións comezarán o venres cunha pancetada e queimada popular ás 21:30 horas, amenizada polo trío Luces de Bohemia.

O sábado, 6 de setembro, a xornada incluirá unha misa solemne e procesión, seguida dunha sesión vermú no campo da festa. Ás 21:30 horas dará comezo a verbena, co dúo Sabor Latino e posteriormente a actuación do DJ Brais González.

O domingo, as actividades repetirán o formato, con misa, procesión e sesión vermú a cargo do DJ Brais González, que repetirá actuación pola noite, a partir das 21:30 horas, e que será o encargado de poñer fin ás celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.16805601119995