Escolares do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda participaron nunha xornada educativa sobre produtos do mar

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda foi escenario o pasado venres 6 de xuño dunha xornada educativa impulsada pola iniciativa “Galicia Sabe Amar” da Xunta de Galicia, en colaboración co claustro do centro.
Durante a actividade, o alumnado aprendeu sobre os distintos produtos do mar, as artes de pesca tradicionais e o impacto económico que ten o consumo de produto galego. Como parte da xornada, ofreceuse unha degustación de tapas con sabores novidosos como croquetas de polbo e algas, que sorprenderon gratamente ás persoas asistentes.
A actividade contou coa presenza do alcalde, José Manuel Arias, e da concelleira de Educación, Cristina Juiz. O seu obxectivo foi achegar ao alumnado á riqueza do mar galego, concienciar sobre a pesca sostible e fomentar o consumo local.
Esta visita reforza o compromiso do CEIP Rosalía de Castro cunha educación conectada coa súa contorna, que promove valores como o consumo responsable e o apoio á economía de proximidade.