Escolares de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel descubriron o arte das regueifas

Alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel participou este pasado venres nun obradoiro de improvisación oral en verso, centrado na tradición da regueifa.
A actividade foi organizada polos tres concellos en colaboración co departamento de Normalización Lingüística de Quiroga, co obxectivo de fomentar o uso do galego, estimular a creatividade, mellorar o vocabulario e sementar o interese pola poesía popular.
O taller estivo dirixido polos regueifeiros Luís “O Caruncho” e Pinto d’Herbón, que combinaron explicacións sobre a historia e as técnicas da regueifa con exercicios prácticos nos que o alumnado elaborou e interpretou as súas propias coplas.
Como complemento, está previsto un “Serán de Regueifas” o vindeiro 3 de outubro no Concello de Ribas de Sil, cunha actuación de Nuria das Cruces e do propio Luís “O Caruncho”.