Escairón inicia as súas festas con música, deporte e actividades para todos os públicos

As Festas de Escairón dan comezo esta fin de semana cun programa organizado polo Concello do Saviñao que inclúe propostas culturais, deportivas e musicais pensadas para públicos de todas as idades.
Os festexos arrancan este venres ás 00:00 horas cunha festa e verbena na Praza Maior a cargo do grupo Baixo Cero.
O sábado, as actividades comezarán coa XIII Carreira Popular Concello do Saviñao. A saída será desde a Praza Maior, ás 11:00 horas para as categorías infantís e ás 12:00 horas para a categoría absoluta. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, está prevista unha nova verbena tamén na Praza Maior, amenizada polas orquestras Sinfonía e Galilea.
Desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a participar dun programa que, segundo destacan, está pensado para desfrutar en familia e cos amigos.