Entrégaronse os premios da XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Entrégaronse os premios da XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra nun evento celebrado o venres
gañadores cata de viños Monforte
1 Jul 2023

A XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra, que tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos cun panel de cata formado por: Luis Buitrón, Mercedes González, Jorge Luis Mazaira, Luis Miguel López, Bibiana Guerra, Luis Díaz, Julio Ponce, José Felícisimo, Rosa Domínguez e Aarón Álvarez.

O evento, organizado polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, incluíu a precata os días 29 e 30 de xuño e a comida e gala de entrega de premios desta edición, que se celebrou co lema 'Ribeira Sacra, Proxecto Común' e no que participaron, nesta ocasión, 63 mostras de 26 adegas; 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas.

Premiados

Despois da Cata Final, resultaron premiados na XXVII Cata dos Viños de Ribeira Sacra os seguintes viños:

  • Na categoría Viños doutras Anadas, entregáronse tres Ouros, que recaeron en Casa de Outeiro, de Terrazas de Outeiro Escudo; Don Cosme, de EDV 2015; e Ibio, de Don Bernardino S.L.
  • Na categoría de brancos, o terceiro premio foi para Cuesta de los Olivos, de Finca Míllara; o segundo premio para Viña Vella, de SAT Virxen dos Remedios; e o primeiro premio para Sollío, da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.
  • Na categoría de tintos, o terceiro premio foi para Acivro, de Adegas Salvadur; o segundo premio para Peza do Rei, de Adega Cachín; e o primeiro premio para Ciudáseis, da adega María Gloria Alvarín Losada.

O presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destacou a importancia do acto por ser a presentación do novo pleno do Consello Regulador ante o sector: “Para nós, e para min como presidente, é un acto importante por presentarnos ante adegueiros e viticultores que conforman a D.O. E para a propia Denominación que levamos 27 anos con esta celebración que recoñece o esforzo que fan por mellorar ano tras ano a calidade dos nosos viños, que están sendo recoñecidos a nivel internacional, pero tamén nos gusta recoñecernos entre nós mesmos e que sexa un impulso para a D.O. e as adegas que son galardoadas”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17618012428284