Entregados os premios da XXVIII Cata dos Viños da Ribeira Sacra
A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega do premio Outras añadas dentro da entrega de premios correspondente á XXVII Cata dos viños da Ribeira Sacra, que, organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, celebrouse na Casa da Cultura do concello monfortino. Este premio, recaeu na adega Don Bernardino.
A Cata dos viños da Ribeira Sacra desta edición comezou o 17 de xullo co precintado das mostras participantes, seguido dunha precata o día 18 de xullo, para rematar coa cata a cegas o día 19.
Participaron un total de 24 adegas, con 67 mostras (23 de viños tintos, 18 de viños brancos e 26 de outras añadas). As mostras participantes foron recollidas polos técnicos do Consello Regulador dende o 29/06/2024 ao 12/07/2024. O Panel de Cata estivo formado por Membros do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra.
Na categoría de tinto presentáronse 23 mostras. O ouro foi para o viño Val de Lenda, de Víctor Manuel Rodríguez López; e a prata para Campaza, de Casa Moreiras. Completou o podio Ciudaseis, de María Gloria Alvarín.
En brancos presentáronse 18, dando o mellor premio a Sollío, de Juan Alberto Álvarez Rodríguez. A prata foi para Don Bernardino e o bronce levouno As Glorias, de Amedo.
Na categoría outras añadas, concursaron 26 caldos. O ouro foi para 4ª Generacion, un mencía barrica 2020 de Don Bernardino. O segundo foi para Regina Dona, un godello de Regina Viarum, e o terceiro correspondeu a Prómine Singular, de Bodegas Petrón.
O finalizar o acto de entrega de premios, o Centro do Viño da Ribeira Sacra, acolleu a celebración dun viño institucional e un cóctel.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron tamén na entrega dos premios, onde destacou a calidade da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra e recoñeceu o traballo e a dedicación de todos os viticultores e adegueiros que diariamente “coidan e respectan o sector”.
Durante a súa intervención, a titular de Medio Rural trasladou os seus parabéns aos premiados e a todos os implicados na posta en valor da calidade desta DO. Nesta liña, fixo referencia aos dez indicativos de calidade que avalan a produción e características dos viños que se elaboran en Galicia e ao apoio que reciben por parte do Goberno autonómico.
A conselleira destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia impulsada pola Xunta e as diferentes liñas de axuda para o sector que contan cun orzamento de máis de 10 millóns de euros neste 2024. As achegas destínanse fundamentalmente á reestruturación e reconversión de viñedo, á promoción en terceiros países e á elaboración e comercialización de produtos do sector, complementadas con axudas de fomento á calidade promovidas pola Consellería.
María José Gómez referiuse tamén á paisaxe dos viñedos. Neste sentido, destacou que se trata dunha paisaxe que queremos “seguir impulsado, a través dos viños, posto que esta paisaxe vitivinícola tamén xoga un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra”.