'Entrega en man' de Contraproducións será representada en Monforte este xoves

RibeiraSacraXa
Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este xoves 22 de febreiro a posta en escena da obra para adultos Entrega en man, da compañía Contraproducións.
excentricas teatro Monforte
19 Feb 2024

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este xoves 22 de febreiro a posta en escena da obra para adultos Entrega en man, da compañía Contraproducións.

A obra escrita, por Martin McDonaghl, está dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales e desenvolverase ás 20.15 horas no Edificio Multiusos.

Esta obra ten lugar nunha habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xoven negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa.

O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Que din as rumorosas da compañía Artyc Content que terá lugar o xoves 7 de marzo no Edificio Multiusos ás 20.15 horas.

0.16307616233826