Entrega de premios aos participantes do Torneo de Volei Praia do Cuadrado en Monforte
Monforte acolle a entrega de premios e trofeos da doceava edición do Torneo de Volei Praia do Cadrado, na que participaron o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, o de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón.
O torneo disputouse no Parque dos Condes entre o sábado 20 e onte domingo 28 de agosto, batendo récord de participación con 163 parellas inscritas, o que suporá un total de 346 partidos ó longo dos 9 días de duración do torneo. E os participantes anotados foron dende os 9 ata os 62 anos de idade.
A asignación municipal para cubrir estes gastos comentados polo rexedor monfortino é de 4.550 euros, e nela incluíronse os custos da instalación dos campos de xogo así como da dotación do material necesario para a disputa dos partidos: postes, redes, cadeiras de arbitraxe, valos ou liñas de marca de delimitación dos campos. Da mesma forma, o concello de Monforte tamén aportou o subministro de trofeos e medallas, así como dúas casetas de obra para a almacenaxe de material e tres carpas para a zona de organización do evento.
A relación de participantes premiados é a seguinte:
SUB 12
1 - Paula, Aina e Angie
2 - Candela, Alma e Irene
3 - Clara, Ángela e Uxía
SUB 15
1- Pena e Izan
2- Uxía e Olivia
3 - Dalox e Borja
SUB 19
Masculino
1 - Cota e Óscar
2 - Anier e Borja
3 - Robredo e Rodrigo
SUB 19
Feminino
1 - Carla e Carol
2 - Uxía e Jessica
3 - Luzía e Candela
SUB 18
Mixto
1 - Luis e Uxía
2 - Marcos e Jessica
3 - Izan e Olivia
Feminino
1 - Carla e Uxía
2 - Jana e Xiana
3 - Esther y Alicia
Masculino
1 - David e Javi
2 - Cota e Óscar
3 - Jaime e Dani
Mixto
1 - Marcos e Uxía
2 - Xiana e Jaime
3 - Candela e Izan
Súper 80
1 - Ana e María
2 - Juan e Miguel
3 - Ramudo e Núñez
Pais e Fillos
1 - Núñez e Izan
2 - Lucía e Esporas
3 - Valeria e Juan