En marcha as obras nos accesos a San Pedro e a Cabarca en Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
Os traballos suporán unha inversión total de 54.000 euros financiados pola Deputación de Lugo

22 Oct 2025
O Concello de Ribas de Sil informa de que esta semana deron comezo as obras de mellora dos accesos a San Pedro e a Cabarca. Os traballos consistirán no asfaltado da estrada desde o barrio da Cova ata o túnel dos Lameiriños en San Pedro, ademais das dúas rúas interiores da aldea de A Cabarca.
Estas obras suporán unha inversión total de 54.000 euros de fondos procedentes do plan de cooperación cos concellos da Deputación de Lugo