En marcha as obras da residencia municipal de maiores de Manzaneda

Esta semana deron comezo as obras de renovación integral na residencia municipal de maiores ‘Gabino García’ de Manzaneda, cun investimento superior aos 300.000 euros, financiado ao 100% polo Consorcio Galego de Benestar a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Os traballos inclúen a modernización das instalacións de fontanería e calefacción, a adaptación dos baños e a mellora do ascensor, entre outras actuacións que permitirán ofrecer un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades das persoas usuarias.