Emilio Rúa actuará na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Emilio Rúa actuará na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón este vindeiro xoves, 6 de xullo de 2023
Emilio Rúa
5 Xul 2023

A Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón acolle este xoves, 6 de xullo, a actuación do músico Emilio Rúa a partir das 20.15 horas.

Durante o concerto, o cantautor interpretará temas do seu novo libro-disco 'Lendas no Camiño', que recolle historias de distintos lugares de toda Galicia, incluso algunhas próximas á Pobra do Brollón.

Ademais, estará acompañado por M. Mariño, violonchelista, e J. Gayoso, á mandolina; cos que o ourensán, Emilio Rúa, dará un concerto en lingua galega na que se observará o seu talento tras trinta anos dedicados á música.

concerto emilio rua a pobra do brollon
0.14965415000916