- Na categoría Infantil (para alumnos de 4º, 5º e 6º de Infantil), gañou o traballo 'As mellores, todas mulleres traballadoras'.
- Na categoría Primaria A (para alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria) venceu 'A varredora'
- Na categoría Primaria B (para alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria) o debuxo gañador foi '1ª muller presidenta'
- E na categoría Secundaria (para alumnado de 1º a 4º da ESO) o traballo vencedor foi 'Todo o que unha muller pode facer nun só día'.
Os catro gañadores recibirán vales por valor de 50 euros para gastar na librería Loela e un diploma acreditativo.
O Concello do Saviñao agradece a participación a todas as persoas que enviaron as súas fotografías e debuxos.
