Eladio Fernández deixa a súa acta como concelleiro do PSdeG en Sober

O edil do Grupo Municipal do PSOE no Concello de Sober, Eladio Fernández, formalizou este luns a súa renuncia como concelleiro, unha decisión que xa comunicara durante o Pleno celebrado o pasado xoves.
Nado en Rosende, Fernández deixa a súa acta para centrarse noutras responsabilidades que xa exercía, mantendo a presidencia da Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga) e de Special Olympics Galicia.
O Goberno local do Concello de Sober destacou "a súa lealdade e compromiso" durante os tres mandatos nos que estivo na Corporación municipal, desexándolle "todos os acertos" nesta nova etapa profesional. A despedida do concelleiro realizouse nun clima de recoñecemento á súa traxectoria e achega á vida política e social do municipio.