El Combo Dominicano estará nas Festas do Carme de Sober

RibeiraSacraXa
As festas desenvolveranse esta fin de semana, comezando polo venres, e continuando ata o día 16, luns
Festas-do-Carme-Sober
10 sep 2024

Sober celebra os vindeiros 13, 14, 15 e 16 de setembro as súas Festas do Carme con diferentes actividades musicais, culturais e gastronómicas.

Así, o venres comezarán as festas coa celebración do I Torneo de Catán ás 20.00 horas e coa actuación de Os Parentes ás 22.30 horas, amenizando a verbena.

Pola súa parte, o 14 de setembro comezará a festa co pasarrúas co Grupo Brabán, seguido ás 13.00 horas da misa solemne, ás 14.00 horas coa sesión vermú con El Mundo de Sofía e, po,a tarde, ás 19.30 horas, terá lugar o espectáculo familiar De Vilatriste e Vilalegre. Finalmente, ás 21.00 horas actuará La Penúltima Sabinera e ás 23.00 horas será a quenda de Doc Magoos.

O domingo 15 tamén haberá pasarrúas pola mañá, neste caso amenizada pola Banda de Música de Sober, seguida da misa e procesión co acompañamento da Banda, que volverá tocar ás 14.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, terá lugar o espectáculo familiar Picadiscos con María Faltri e ás 21.00 horas chegará a actuación estelar con El Combo Dominicano.

Finalmente, o último día, 16 de setembro, terá lugar ás 12.30 horas a misa na Igrexa Nova e xa ata a tarde, ás 20.30 horas, non terá lugar a gran paellada xigante e gratuíta, así como contará co acompañamento musical de Eclipse.

0.19551801681519