O Club Lemos alzase co Torneo de Fútbol das Festas Patronais de Monforte 2025

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega deste recoñecemento ao equipo local tras vencer por 2 a 1 ao C.D. Barco
entrega-copa-futbol-festas-d-monforte
21 Aug 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou onte o trofeo ao equipo gañador do Torneo de Fútbol das Festas Patronais de Monforte.

O torneo, disputado no estadio de A Pinguela, enfrontou ás 20:30 horas ao Club Lemos co C.D. Barco, cun resultado final de 2-1 que proclamou ao Club Lemos como campión do torneo.

Originalmente, o encontro estaba programado para o pasado venres 15, día principal das festas, pero tivo que aprazarse debido á imposibilidade do equipo valdeorrés de desprazarse a Monforte.

Durante a entrega de premios, o alcalde José Tomé Roca entregou ao capitán do Club Lemos unha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte, mentres que o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou o trofeo de segundo clasificado ao capitán do C.D. Barco.

O encontro vivíuse con emoción ata os últimos minutos e contou coa asistencia de numeroso público, que puido seguir de cerca a preparación do Lemos antes do inicio da liga. O torneo foi organizado polo Club Lemos coa colaboración do Concello de Monforte.

⚙ Configurar cookies
0.35410404205322