Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG
Efrén Castro Caloto e Iria Castro Fernández serán os representantes do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo a partir da conformación da corporación provincial.
No acto que se celebrou hoxe no xulgado de Lugo onde as concelleiras e concelleiros electos da xunta electoral de zona de Lugo elixiron aos deputados provinciais acadados tras as eleccións municipais do 28 de maio, onde o BNG acadou dúas actas. Ademais de ser referendadas polos correspondentes órganos da fronte nacionalista.
Deste xeito, o BNG fai unha aposta pola renovación e a continuidade do grupo provincial na Deputación de Lugo. O papel do BNG será clave para a gobernabilidade da institución.
Efrén Castro Caloto é o actual voceiro do BNG no concello de Sarria e foi o portavoz provincial do BNG no mandato 2019-2023 e foi encargado dentro da vicepresidencia da Deputación a área de Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica.
Iria Castro Fernández, actual concelleira do BNG en Castroverde. É licenciada en Tradución e Interpretación e mestrado en Comercio Internacional. Actualmente traballa como tradutora e intérprete autónoma e ocupa o cargo de vicepresidenta da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación).