Eduardo Varela Puga foi recoñecido por ser o gañador absoluto do Torneo de Golf de Monforte
A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega do trofeo ao gañador do Torneo de Golf Concello de Monforte, que se disputou no Club de Golf Río Cabe, coa participación de 50 xogadores.
Gloria Prada, acudiu en nome do rexedor, José Tomé Roca, debido a que a entrega de trofeos coincidiu coa Final da Copa Galega da RFGF que se disputou no Campo de fútbol municipal de A Pinguela, e que enfrontou ó CD Lugo e ó Coruxo FC.
Deste xeito, a tenente de alcalde entregou os trofeos e agasallos aos gañadores do Torneo de Golf Concello de Monforte, organizado pola A.D. Río Cabe Golf, e que conta co patrocinio do Concello de Monforte.
Concretamente, Gloria Prada entregou o premio ao gañador absoluto do torneo, Eduardo Varela Puga, cun resultado de -6, que bate o récord do percorrido do campo.