Eduardo Iglesias: “Volvo ao Dakar coa mesma ilusión que a primeira vez e coa idea de mellorar”

RibeiraSacraXa
O piloto monfortino será o único galego na categoría de motos no Dakar 2025
Eduardo Iglesias e José Tomé
15 Dec 2024

O piloto monfortino Eduardo Iglesias regresa por quinto ano ao Dakar, e farao sendo o único piloto galego na categoría de motos. Na edición deste ano, que se disputará entre o 3 e o 17 de xaneiro, Iglesias espera mellorar a súa mellor clasificación e situarse entre os 50 mellores.

Como foi a túa experiencia no Dakar?

É difícil de explicar, o primeiro ano foi unha ilusión enorme. Eu sempre competín en moto, pero pensar en chegar ao Dakar non era doado, aínda que era unha ilusión que tiña desde pequeno. Ao final o primeiro ano é inesquecible, aínda que o pasei moi mal e ao rematar dixen que non volvería nin tolo. Xa tiña unha medalla por ter rematado ese primeiro Dakar e creo que non se podía pedir moito máis. Pero cando vas unha vez, é moi difícil deixar de ir, e un par de meses despois xa estaba pensando en volver. Todos os anos foi pasando un pouco o mesmo, incluso o ano pasado, que si que dixen que tiña que pechar o ciclo. Agora volvo ao Dakar coa mesma ilusión que a primeira vez e coa idea de mellorar. É difícil de explicar, pero sigo enganchado ao Dakar.

Que obxectivos marcas para este ano?

O primeiro posto está claro que é inaccesible, ao final estamos falando dunha carreira que combina pilotos profesionais e pilotos amateurs, como é o meu caso. A pesar de que facemos case vida de profesionais moitas veces nos adestramentos, está claro que hai pilotos profesionais que son os que van a lograr a vitoria.

O noso obxectivo principal, como todos os anos, é rematar e chegar ao final sen ningún tipo de incidente, pero si que teño esa espiña de mellorar o posto 53, que ademais foi no segundo ano, no 2021. Gustaríame melloralo e meterme no top 50 do Dakar. Pero a verdade é que cada vez o nivel é máis alto e todo é moito máis competitivo. Cada vez é máis complicado.

Hai algún reto máis complicado que o Dakar?

Hai moitas disciplinas, pero é verdade que o Dakar é a que máis engloba. É a única na que compiten ao mesmo tempo coches e motos. É a carreira por excelencia do mundo do motor.

 

 

0.1707751750946