Eduardo Iglesias volverá representar a Monforte e a Ribeira Sacra no rally Dakar

RibeiraSacraXa
Eduardo Iglesias se despide de Monforte antes de la partida hacia Arabia Saudita para participar en el rally Dakar.
eduardo.iglesias rally dakar monforte
14 Dec 2021

O monfortino Eduardo Iglesias despediuse onte da súa terra xa que, en poucos días, emprenderá camiño cara Arabia Saudita para participar do 1 ao 14 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar. O acto serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co dorsal número 38.

En concreto, o piloto sairá o día 27 desde Barcelona, e aínda que a proba comeza o 2 de xaneiro, un día antes realizase unha etapa prólogo previa ás 12 etapas das que consta esta edición do Dakar.

Na recepción do acto estivo o Alcalde de Monforte José Tomé acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, e por un dos membros do equipo do piloto monfortino, Jesús Veloso Cachaldora.

Tres participacións consecutivas no Dakar
Este 2022 será o terceiro ano consecutivo en que o piloto monfortino participe no rally máis famoso do mundo, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 53 que conseguiu na pasada edición.”

Neste senso, cabe recordar que Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súas dúas participacións no Dakar: non so conseguiu rematar en ambas ocasións o que é o rally máis duro do mundo, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020 e no posto 53 en 2021.

“Este ano non lle imos pedir menos porque estou seguro de que Eduardo e o seu equipo volverán a dalo todo, co obxectivo de rubricar novamente unha exitosa participación nesta edición do Dakar”, destacou o rexedor municipal. Ademais, o Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación.

Tomé Roca que tanto o Concello como a Deputación de Lugo apoian economicamente a este piloto, contribuíndo a sufragar os gastos desta importante competición. En concreto, o Concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros.

O Alcalde concluíu a súa intervención manifestoulle o seu orgullo, e o de todos os monfortinos, por representar de novo a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo internacional desta índole, e desexoulle o maior dos éxitos nesta terceira participación no Dakar.

Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos nas dúas outras participacións.

O Dakar 2022, que é a proba de motor máis importante e famosa do mundo, desenvolverase ó longo de 13 xornadas, do 1 ó 14 de xaneiro, cunha etapa-prólogo e 12 etapas (cunha etapa de descanso polo medio), ó longo de 8.177 quilómetros de percorrido.

0.19157695770264