Edgar Amando Cloos Fernández será o pregoeiro das Festas Patronais de Monforte de agosto

RibeiraSacraXa
Edgar Amando Cloos Fernández será o pregoeiro das Festas Patronais de Monforte de agosto, segundo anunciou o alcalde
Edgar Amando Cloos e José Tomé Roca
15 Xul 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca anunciou que o monfortino Edgar Amando Cloos Fernández será o encargado de dar o pregón nas Festas Patronais de 2023 o venres, 11 de agosto, ás 20.30 horas.

Tomé xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente de Galicia e da nosa provincia no que se refire ó ámbito xudicial, pois desempeñou unha importante labor tanto no xulgado de Cambados, como nos xulgados de Lugo e especialmente na Audiencia Provincial de Lugo, da que foi presidente ata a súa xubilación".

Edgar Amando Cloos Fernández naceu en Monforte de Lemos en 1957 e é fillo deGuillermo Fernández Otero, que foi alcalde de Monforte de Lemos, e de Anita Cloos Haubach. Cloos estudiou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente é xuíz por oposición libre, tendo desempeñado as funcións, primeiro de xuíz e despois de maxistrado, inicialmente en Cataluña, no xulgado de Granollers, e despois, xa en Galicia, no xulgado de Cambados.

Logo, xa na cidade de Lugo, foi xuíz primeiro nos Xulgados e despois na Audiencia Provincial, da que, desde o ano 2002 é presidente da Sección segunda e sendo nos últimos anos, ata a súa recente xubilación, presidente da Audiencia Provincial de Lugo.

O alcalde tamén destaca o compromiso de Edgar Cloos con Monforte: “É fillo, pai, marido e irmán de monfortinos, toda a súa vida familiar xira ao redor da súa cidade. De feito, na homenaxe que se lle tributou recentemente como consecuencia da súa xubilación, acto que tivo unha asistencia multitudinaria e unha gran repercusión social e cívica, reiterou e proclamou no seu discurso o súa monfortinidade e reivindicación da Ribeira Sacra”.

0.193932056427