Ecos de Moura organiza unha nova edición do seu taller de Ecopercusión

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será o 14 de marzo na Escola de Moura e será necesaria inscrición previa
obradoiro-ecopercusion-ecos-de-moura
11 Mar 2026

O taller de Ecopercusión organizado pola Asociación Ecos de Moura regresa tras a boa acollida das edicións anteriores, ofrecendo unha forma distinta de experimentar a música a través do ritmo xerado con materiais reciclados e coa enerxía do grupo. A actividade, aberta a nenas, nenos e persoas adultas, celebrarase o próximo 14 de marzo na Escola de Moura, de 11:30 a 13:30.

O taller estará dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz, quen guiará aos participantes para descubrir que “todo pode converterse en música”. A proposta enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller e busca reforzar a creatividade, a comunidade e os encontros que fomentan a aprendizaxe e a diversión compartida.

Ao rematar a sesión, os asistentes poderán desfrutar de uns pinchos para conmemorar a data. A inscrición ten un custo de 5 euros para socias e 12 euros para non socias, e pode formalizarse contactando con Loli no 677 12 05 08.

0.12112998962402