Dúas rutas esta fin de semana pecharán o ciclo de 'Camiños dos Sabores'

RibeiraSacraXa
As rutas do 'Camiños dos Sabores' organizadas pola
Camiño dos sabores Courel
25 Aug 2023

As rutas do 'Camiños dos Sabores' organizadas pola Asociación Desenvolvemento Rural Serra do Courel rematan esta fin de semana coas dúas últimas actividades, unha ruta o sábado por Mostaz e unha o domingo por Vilamor, Vilar e Froxán.

Na primeira das dúas, a castaña será a protagonista da ruta, mentres que na do domingo serán os froitos os produtos que se poderán ver, además de degustar polas persoas participantes da actividade.

As rutas faranse de mañá, con saída ás 10.30 horas e as persoas interesadas en participar deberán mandar un mail ao correo electrónico: marenoso@gmail.com, indicando nome, teléfono de contacto e correo electrónico. A hora estimada de remate será ás 14:00 horas facendo unha pequena cata dos produtos elaborados polos socios e socias que participan no proxecto.

Ademais destas dúas rutas, durante todo o mes de agosto tivo lugar esta iniciativa, na que se percorreron rutas por Mercurín, por Seceda, por camiños de Folgoso do Courel e por Louzarela; descubrindo diversos sabores da Serra do Courel.

0.15984702110291