Dous cursos de pintura para maiores desenvolveranse os mércores e venres en Chantada
Este mércores e venres, 20 e 22 de setembro, comezarán dous cursos de pintura, un en tea e outro en óleo gratuítos para persoas en maiores en Chantada, ámbolos dous organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello.
Así, a partir desta semana, todos os mércores as persoas maiores que se apunten na oficina do Concello poderán desfrutar da actividade de pintura en óleo e as que se apunten o venres poderán participar da pintura en tea, que se desenvolverán na aula do edificio multiusos en horario de 16.00 a 19.30 horas.
O obxectivo destes cursos é que os maiores se desenvolvan múltiples e variadas capacidades, establezan máis comunicación entre eles e elas e desfruten de momentos de lecer, afastados da soidade que é característica desas idades.