DomusVi Monforte nega as acusacións sobre un posible brote de sarna e unha falta de atención ás persoas usuarias

RibeiraSacraXa
Segundo a dirección do centro, o único caso mencionado detectouse durante o ingreso dunha persoa maior
residencia-monforte-domus-VI-rua-morin
8 Nov 2025

En resposta ás denuncias xurdidas esta semana sobre a atención recibida polas persoas usuarias da residencia DomusVi, a dirección do centro nega de maneira rotunda as afirmacións do BNG sobre un posible caso de abandono na residencia mofortina. Segundo a xerencia, non hai constancia de ningún brote de sarna, nin de queixas por parte do persoal, nin de ningunha das situacións sinaladas.

Desde DomusVi explican que o único caso mencionado foi detectado no momento do ingreso dunha persoa maior, cando o equipo sanitario aplicou o protocolo correspondente. Isto, aseguran, permitiu evitar calquera tipo de contaxio ou brote dentro do centro. A empresa tamén subliña que si se realizaron inspeccións, a última delas en setembro.

⚙ Configurar cookies
0.068763971328735