Diversos autores de obras literarias estarán durante a xornada na Feira do Libro de Monforte
Durante o día de hoxe, na Feira de Monforte de Lemos, haberá unha serie de actividades arredor dos libros, como teatro, presentacións e sinaturas.
Así, a partir das 11.00 horas, estará Alfonso Barreiro ‘Fon’ asinando ‘Gazafellos 1’ e a segunda parte, ‘Banainas’, Cósmico o bombeiro galáctico’ e ‘Troglodita’ na caseta da libraría A gata tola e farao de novo a partir das 19.00 horas por segunda vez.
Xa ás 12.00 horas estará Susana Lamela asinando ‘Invisible con maleta verde e zapatos vermellos’ na caseta da libraría Porto e Antonio P. Poza asinando ‘El aire de Atenas’ na caseta da libraría Agrasar. E xa ás 13.00 horas será a quenda de Patricia Fernández, que asinará ‘Sensonauta’ na caseta na Librería Agrasar.
Pola súa parte, ás 19.00 horas, Marcelino Requejo asinará ‘Visitantes de otras dimensiones’ na caseta da librería Uróboros, Carmen Pereiro-Oliveira asinará ‘Amén, Jesús’ na caseta da libraría Porto, Xabi Domínguez e Alba de Evan asinarán ‘Rolando, e un fio resistente’, ‘Varetai’, ‘A pulga espacial’ e demais obras publicadas na caseta da librería Nobel; e Paula Fernández Varela asinará ‘La inercia del corazón’ na caseta da libraría Entre Libros.
Xa ás 19.30 horas asinará Alba Guzmán o libro ‘Xoaniña de Deus’ na libraría Agrasar, ás 20.00 horas farao Jorge Emilio Bóveda con ‘A palabra salvaxe’ na librería Novel e ás 20.30 horas Loli Rodríguez asinará ‘Os nomes de Val’ na librería Agrasar.
Por outra banda, na carpa de actividades, a partir das 19.00 horas terá lugar o teatro infantil na que Pedras de Cartón representa a obra ‘Moby Dick’, ás 19.30 horas Antón Lopo, editor de Chan da Pólvora presentará ‘Chan da Pólvora, a poesía necesaria (Tres exploradores na cara oculta do poema): Jose Gonzálezm Luís López Alonso e Antóm Fortes’. E, finalmente, ás 21.00 horas, presentarase o libro ‘Pero como morren as pegas?’ de Óscar Guzmán, acompañado pola escritora Alba Guzmán.