Diversas actuacións musicais, a artesanía e a fotografía serán os protagonistas do III Son da Aldea

RibeiraSacraXa
Pantón acollerá este evento o vindeiro 29 de xuño durante toda a xornada
cartel-son-de-aldea
Cartel Son da Aldea 2024
13 Jun 2024

Toldaos, en Pantón, acolle a III edición do Festival Multicultural Son da Aldea, no que haberá artesanía e exposición fotográfica nunha xornada de balde.

Así, o 29 de xuño o Teatro da Asociación Veciñal Cereixa albergará a actuación de Peitoescuro, Leria, Xerezade, Los Jinetes del Trópico e Eris Mackenzie, como amenización musical da xornada.

O ano pasado, na súa segunda edición, actuaron os grupos de Alendalúa, Rhome, Cerodouscero, Os Parentes, C MIRAZO e Tecor Societário; aínda que tamén houbo proxeccións e teatro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1428542137146