Distinguen o labor desenvolvido na Pobra de Trives para a inclusión de refuxiados no sistema educativo
RibeiraSacraXa
Foi no I Congreso de Xeopolítica Participativa, impulsado polas universidades de Vigo e Santiago e que se celebrou en Moaña
Representantes do Concello no congreso
29 Jul 2024
O Concello da Pobra de Trives foi posto como exemplo, xunto a San Xoán de Río, no I Congreso de Xeopolítica Participativa, impulsado polas universidades de Vigo e Santiago e que se celebrou en Moaña estes días.
Distinguiuse a inclusión no sistema educativo dos refuxiados e refuxiadas ucraínas e a experiencia de acollida en ámbolos dous concellos. No congreso tamén se puxo en valor o modelo de colaboración e coordinación entre ambos Trives e Río.
A explicación da experiencia correu a cargo dunha das persoas que se implicaron voluntariamente no proxecto de acollida, Marta Pouso Paz, que estivo acompañada polos concelleiros de Trives Fermín Santoveña, Aarón Álvarez e José Luis Vidal.