Diego Pérez, gañador do IV Concurso Fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

RibeiraSacraXa
La IV edición del concurso fotográfico de Navidad organizado por Segredos de Pantón ya tiene a sus tres ganadores.
concurso fotografia segredos panton
7 Xan 2022

Xa se coñecen as fotografías gañadoras do IV Concurso Fotográfico de Nadal organizado polo colectivo Segredos de Pantón.

O grupo Segredos de Pantón convocou neste Nadal a cuarta edición do seu Concurso Fotográfico de Nadal, as fotografías tiñan tema libre e podían presentarse ata o 31 de decembro. Dende ese día e, ata o 6 de xaneiro realizaronse as votacións. Unha vez concluído o prazo, xa hai gañadores.

As fotografías debían reflectir paisaxes outonais e invernais no Concello de Pantón. Esta edición contaba con 43 imaxes representando a meirande parte das parroquias.

Existen tres premiados que recibirán como agasallo unha cesta con diferentes produtos de empresas e negocios locais.

A fotografía que acadou a primeira posición foi ”A Illa” con 208 votos. Illa de Porcís (San Andrés de Ribeiras de Miño) de Diego Pérez. O segundo posto foi para “Centenario nu” con 106 votos. Cabo de Vila (San Romao de Moreda) de Elena Dos Santos Carballada, e a terceira máis votada foi ”O solciño de outono” con 105 votos. Pena Pombeira (San Vicenzo de Pombeiro) de Jesús Sánchez.

0.20170187950134