Diego Arias e Santiago González abren o prazo de inscrición no I Torneo de Catán de Sober

RibeiraSacraXa
A competición do xogo de estratexia terá lugar durante as festas da capitalidade, en Sober, os días 13 e 14 de setembro
Torneo-de-Catán-Sober
3 sep 2024

Os mozos de Sober, Diego Arias e Santiago González, veñen de abrir o prazo de inscrición no I Torneo de Catán de Sober, un xogo de estratexia que estrearán nas festas da capitalidade, os días 13 e 14 de setembro.

O obxectivo do xogo é construír pobos, cidades e camiños sobre un taboleiro que é distinto en cada partida, mentres se van acumulando varios tipos de cartas que fan posible realizar diferentes construcións coas que conseguir puntos.

O primeiro xogador que chega aos dez puntos resulta o gañador, aínda que todos os semifinalistas e gañadores levarán premio patrocinado polo Concello de Sober.

A competición repetirase anualmente coincidindo coas Festas da capitalidade e poderán participar todas aquelas persoas de máis de dez anos que se apunten.

0.20057797431946