A XXXII Mostra do Mel de Quiroga ofrece produtos apícolas e outros típicos da comarca

RibeiraSacraXa
A XXXII Mostra do Mel comezou esta mañá en Quiroga e, con ela, inícianse as festas de verán, que encherán de música e troula a vila ata o domingo día 13 e o recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas e outros típicos da comarca, abríaseíuse coa actuación do grupo de gaitas O Recanto diante da casa consistorial.
Feira do Mel Quiroga 3
10 Ago 2023

A XXXII Mostra do Mel comezou esta mañá en Quiroga e, con ela, inícianse as festas de verán, que encherán de música e troula a vila ata o domingo día 13 e o recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas e outros típicos da comarca, abríaseíuse coa actuación do grupo de gaitas O Recanto diante da casa consistorial.

Este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, e que nesta ocasión se podía coñecer a través da produción de seis apicultores: Manuel Macía González (As Estradas), Mª Carmen Macía Fernández (Quiroga), Rubén Figueroa López (Toucedo); Caurelor (Quiroga), Ángel Gómez Martínez (Paradapiñol) e Manuel Rodríguez Fernández (Centeais). Mel de castiñeiro, de queiruga ou multiflorar, tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade será o que se poda atopar nesta mostra.

Todos os apicultores, sen excepción, coincidiron no esaxerado aumento da avespa velutina que cada vez ataca máis ás súas colmeas e xa é un verdadeiro problema. Manuel Macía González, o maior produtor dos que acoden a esta mostra fixou o aumento deste insecto invasor nun 200% con respecto a un par de anos atrás.

Este ano, de momento, aínda non se achegou ata as alvarizas outro visitante que cada ano fai algunha ronda pola zona, o oso. Aínda que os seus danos soen ser mínimos posto que as alvarizas da parte alta do municipio, as máis visitadas, están xa protexidas contra este lambón.

O equipo de goberno recorreu as casetas instaladas nun recinto que contaba na parte festiva coa actuación do grupo de gaitas O Recanto e cunha sesión vermú con Movilla y los Irrepetibles, unha actuación que rende homenaxe aos clásicos da música mexicana e fai versións de coñecidos artistas nacionais.

Para as once da noite agarda un dos pratos fortes destes festexos, a actuación da orquestra Panorama, nas inmediacións do Pavillón Municipal.

0.17157912254333