Destinados 33.000 euros para a renovación das ventás do Ies Río Cabe
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinou 33.400 euros a renovar as ventás da terceira planta do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, por outras máis modernas que melloran o illamento térmico e facilitan a ventilación nesta área do edificio.
En total foron substituídas 24 fiestras por outras con dobre acristalamento e sistema de apertura oscilobatente.
Así pois, sinalouse que o departamento de Educación estuda as necesidades das infraestruturas escolares da provincia para programar actuacións de rehabilitación integral e tamén outras menores que son executadas con cargo ao plan anual de obras de rehabilitación, ampliación e mellora (RAM).
En Monforte de Lemos hai algúns meses dotouse dunha nova cuberta un dos edificios do IES Río Cabe, despois de que a vella sufrira danos como consecuencia dunha tormenta; e tamén ten en marcha unha actuación de reforma e ampliación do IES a Pinguela.