Desfruta maña da obra teatral A Croa dos Chairos na Pobra do Brollón
A compañía de teatro Os Trocos leva á Pobra do Brollón a súa comedia A Croa dos Chairos cuxa representación terá lugar maña sábado 19 de novembro ás 20.15 na Casa da Cultura Olga Novo.
A obra de teatro A Croa dos Chairos é unha comedia para tódolos públicos que ten unha duración de 75 minutos e cuxa autoría e dirección vai a cargo de Guillermo Cancelo.
Conta a historia do pobo Chairo que habita na Croa de Viladonga. Segundo relata a sinopse da obra, é o ano 347 dunha nova era e apenas fai dez anos do pasamento do Emperador Constantino O Grande, precursor dunha nova relixión que rexe agora no vasto Imperio Romano: o cristianismo.
No noroeste da península, unha serie de pobos organizados en pequenas comunidades viven ao seu aire. Os astros, a natureza e os seus deuses, son a ponte espiritual para chegar ao máis alá ou ao máis aló, ou como eles mesmos din: desde o Seixo á porta do Alén! O mundo coñecido atópase en plena transformación, chegan novos tempos. Na Croa de Viladonga vive o pobo Chairo ao marxe dos cambios que acontecen no resto de Europa. Moi preto deles, a cidade de Lucus Augusti, de influencia romana, expande os seus dominios... polo que o enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.