Desfruta do filme Valentina maña xoves ás 21:30 horas na praza Campo de San Antonio de Monforte
Maña xoves 4 xullo a partir das 21:30 horas terá lugar na praza Campo de San Antonio de Monforte, proxectarase a película Valentina, que foi galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022.
O Concello de Monforte colabora activamente cos emprendedores que participan no programa “El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición dunha iniciativa impulsada dende a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (Recitcrea) e da que o concello é membro.
Deste xeito, na edición deste ano o concello acolleu dúas actividades a principios do mes de xullo, dirixidas especialmente aos emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas á participación da cidadanía en xeral.
Unha destas actividades, que consistía nunha sesión de cine verán ao aire libre, non se puido celebrar o 14 de xullo debido a unha tormenta. Así que maña xoves 4 xullo a partir das 21:30 horas terá lugar na praza Campo de San Antonio do concello de Monforte.
En concreto, este cine de verán incluirá o seguinte programa:
21:30 horas - Presentación da película pola súa directora, Chelo Loureiro.
21:45 horas - Proxección do corto “La Chica de la Ventana”, dirixido por Javier Saco e gravado en Monforte, especialmente nos Escolapios e na Ribeira Sacra.
22:00 horas - Proxección de Valentina.
23:10 horas - Coloquio aberto con Chelo Loureiro.