Desde o PPdeG trasladaron o seu compromiso de seguir defendendo a declaración do sector lácteo como estratéxico en Taboada

RibeiraSacraXa
Paula Prado e Adrián Vázquez valoraron positivamente que o Partido Popular incida no seu programa en que o comisario europeo de Agricultura na vindeira lexislatura
PPdeG_AIRA-Taboada
5 Xuño 2024

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato do Partido Popular ás eleccións europeas Adrián Vázquez visitaron as instalacións da cooperativa agraria AIRA en Taboada acompañados polo coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, o deputado nacional Francisco Conde e o portavoz do PP local, Ramiro Moure.

Na visita os populares puideron comprobar de primeira man o funcionamento da maior fábrica de pensos para vacún de leite que existe en España e abordaron xunto á directiva de AIRA os retos aos que se enfronta o sector no presente e no futuro máis próximo.

Trataron así a necesidade, entre outras cuestións, de mellorar o funcionamento e a aplicación da Lei de Cadea Alimentaria para evitar que os produtores vendan por debaixo dos seus costes. Así como tamén a formulación dunha PAC que actualmente prima o criterio ideolóxico a costa do criterio dos produtores.

Desde o PPdeG trasladaron o seu compromiso de seguir defendendo a declaración do sector lácteo como estratéxico, reducir a burocracia e o impulsar medidas para garantir o relevo xeracional nas explotacións gandeiras co obxectivo de asegurar o futuro neste eido en Galicia.

Así mesmo, Paula Prado e Adrián Vázquez valoraron positivamente que o Partido Popular incida no seu programa en que o comisario europeo de Agricultura na vindeira lexislatura ten que ser membro do Grupo Popular, ademais de subliñar a importancia de incluír cláusulas de leal competencia para protexer aos agricultores e gandeiros.

0.20218515396118