Desde o Concello de Folgoso do Courel informan dos desvíos alternativos polo derrubamento na LU-P-651

RibeiraSacraXa
Haberá diferentes fórmulos, segundo sexan vehículos lixeiros ou pesados
Lu-651-corte
27 Maio 2024

Continúa o corte temporal na circulación de vehículos entre os km 31+300 de acceso á Ferrería Nova e ao CPI Uxío Novoneira de Folgoso do Courel ata o 33+300 en Seoane do Courel polo desprendemento que se produciu na estrada LU-P-651, dende as 9.30 as 17.00 horas.

Por iso, desde o Concello informan dos desvíos habilitados alternativos para desprazarse entre Folgoso e Seoane do Courel, segundo tipo de vehículo.

Así, os vehículos lixeiros de ancho e altura inferior a dous metros, poderán pasar por un paso alternativo regulado por semáforos polo camiño que baixa dende Seoane, á altura do bar Lembranza, á Ferrería Nova e logo tomar ruta alternativa a través de Moreda.

Pola súa parte, para vehículos pesados ou de ancho e altura superior a dous metros, deberán chegar a Seoane desde fóra do municipio a través da estrada provincial LU-P-1301 que penetra no Concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro; acceder pola estrada provincial LU-P-5601 que penetra no Concello polo oeste por Lóuzara e Meiraos, ou acceder pola estrada provincial LU-P-1303 que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os vehículos pesados ou das características de dimensións indicadas que circulen no sentido dende Folgoso cara Seoane, deben tomar un desvío sinalizado en Mogoxe (LU-651, km 28,75) pola estrada provincial LU-P-1306, dirixíndose cara Seoane por Seceda, Santalla, Lóuzara e Meiraos para chegar a Seoane pola LU-P-5601.

0.13737893104553