Desde Acción contra el Hambre organizan un novo taller prototipado en Chantada

RibeiraSacraXa
O curso terá lugar o vindeiro xoves, 26 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas
emprendemento-rural-sostible-Chantada
20 sep 2024

Desde Acción contra el Hambre organizan un novo taller prototipado baixo o nome de ‘Pon a proba a túa idea de negocio’, que se desenvolverá nas instalación de Sacra Experience en Pincelo, no Concello de Chantada.

Desa maneira, terá lugar o vindeiro xoves, 26 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no que Pablo Osorio levará a cabo a formación na que as persoas participantes aprenderán diversos coñecementos.

Concretamente, as persoas poderán comprender as etapas do design thinking que lles permitirán desenvolver as súas ideas, entender como incorporar a innovación ao seu proxecto, coñecer que tipo de prototipos hai para poñer a proba as ideas no mercado, identificar os prototipos máis axeitados para cada proxecto, comezar a crear o seu plan de acción e coñecer outras persoas emprendedoras.

0.18125796318054