Descubrindo o patrimonio: o Souto de Rozavales

RibeiraSacraXa
No corazón do Macizo Central de Ourense atópase un dos espazos naturais máis emblemáticos da provincia, declarado Monumento Natural no ano 2000
castiñeiro-de-pumbairiños-souto-de-rozavales-manzaneda
Castiñeiro de Pumbariños, Souto de Rozavales
27 Jul 2025

Na parroquia de San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda, sitúase un dos paisaxes con máis historia da provincia de Ourense: o Souto de Rozavales. Cunha extensión de apenas 1,8 hectáreas, este soto centenario, declarado Monumento Natural no ano 2000, constitúe un espazo de gran beleza natural e cun legado que se remonta a séculos atrás.

Este lugar, que forma parte do Macizo Central ourensán, non é un bosque completamente natural, senón que foi modelado polo labor humano. Os castiñeiros que o conforman foron plantados en filas por agricultores hai séculos, non só para aproveitar os seus froitos, senón tamén como fonte de madeira. A disposición ordenada das árbores, testemuña dese pasado agrícola, aínda pode observarse hoxe en día.

Entre todos os exemplares destaca especialmente o Castiñeiro de Pumbariños, unha árbore de máis de 12 metros de perímetro no tronco e 16 metros de altura, que leva séculos en pé e coroa o soto como unha auténtica xoia natural. Algunhas estimacións atribúenlle máis de mil anos de antigüidade. A súa monumentalidade e longa historia valéronlle a inclusión no catálogo de Árbores Senlleiros de Galicia.

Durante moito tempo foi coñecido como un “castiñeiro sen terra”, xa que pertencía a unha familia que non era propietaria da parcela onde medraba. Esta singularidade non impediu o seu coidado nin a súa transmisión xeracional, e no ano 2005 foi finalmente doado á Xunta de Galicia para garantir a súa conservación. Na actualidade, o espazo conta con bancos instalados ao pé do tronco, pensados para que os visitantes poidan contemplar con calma o paso do tempo reflectido na árbore.

Máis alá do seu valor paisaxístico, o Souto de Rozavales é tamén un espazo de alta biodiversidade. Aves silvestres, insectos e outras especies atopan neste hábitat de media montaña un refuxio perfecto para desenvolver a súa vida.

⚙ Configurar cookies
0.081096172332764