Derradeiros días para visitar en Quiroga a mostra ‘Fauna Esencial’

RibeiraSacraXa
Pode visitarse ata o 23 de xullo na sala Manuel María
afundcion-fauna-esencial-quiroga
15 Jul 2025

A sala de exposicións Manuel María de Quiroga acolle desde hoxe a mostra ‘Fauna esencial’, unha exposición que convida a descubrir a riqueza da fauna silvestre da Península Ibérica a través de impactantes fotografías e textos divulgativos. A iniciativa é posible grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Quiroga e Afundación.

A mostra enmárcase no programa solidario ‘Cultura por alimentos’, impulsado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, que anima as persoas visitantes a achegar alimentos non perecedoiros como xeito de entrada simbólica. Os produtos recollidos serán doados ao banco de alimentos para axudar a persoas en situación de vulnerabilidade.

‘Fauna esencial’ presenta unha coidada selección de imaxes tomadas polo naturalista Ezequiel Martínez, que retratan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña branca ou o voitre leonado, entre outras. Os textos explicativos, elaborados co apoio do centro interactivo Naturnova, ofrecen unha visión detallada sobre a bioloxía, o hábitat, os comportamentos e as ameazas que afrontan estes animais.

A exposición poderá visitarse ata o 23 de xullo de 2025 na sala Manuel María, con entrada libre. Unha oportunidade para gozar da arte, a natureza e a solidariedade nun mesmo espazo.

⚙ Configurar cookies
0.16167402267456