Derradeiros días para poder participar no Chandrexa Trail 2025

O Chandrexa Trail 2025 xa ten cartel oficial para a súa próxima edición, que se celebrará o vindeiro 18 de maio. Dende que o Concello de Chandrexa de Queixa ostenta a Capitalidade compartida da Montaña Española, a proba pasou a formar parte da Copa EsMontañas. Este ano, ademais, formará parte do Campionato de España de Carreiras de Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.
Así, o 18 de maio, a Serra de Queixa do Macizo Central Ourensán, será o elemento natural que percorrerán deportistas de todo o territorio español nas categorías CH35 2300+, CH23 1277+ CH18 960+, CH14 699+ e CH9 580+. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 12 de maio e dende a organización informan de que qudan poucas prazas para colgar o cartel de “sold out”.
Ademais, os preparativos para esta proba están xa casi listos, co 95% dos percorridos limpos.