Derradeiros días para participar no I Concurso de Fotografía “Mulleres Rurais de Carballedo”

O Concello de Carballedo puxo en marcha por primeira vez foi varias semanas un concurso de fotografía dedicado ás mulleres rurais do municipio, co objectivo homenaxealas e poñer en valor a súa labor.
As fotografías recibidas serán expostas no Mercado de Nadal, os días 20 de decembro e 4 de xaneiro, onde o público poderá votar de maneira anónima, cun voto por persoa. O último día para presentar as propostas será o 30 de novembro.
As imaxes deberán amosar mulleres empadroadas en Carballedo realizando calquera actividade da vida cotiá no rural: traballando na horta ou no establo, recollendo castañas, facendo un caldo, cosendo, xogando cos nenos, practicando deporte ou gozando da natureza.
O obxectivo é amosar con liberdade e creatividade o espírito das mulleres de Carballedo, e poden aparecer máis dunha muller ou tamén nenos e nenas.
Desde o Concello aclaran que as fotografías deben ser imaxes actuais, feitas hoxe en día, e non fotos antigas de arquivo familiar. Ademais, lembran que mulleres rurais son todas as que viven e traballan no rural, independentemente da súa profesión.
O prazo para o envío das fotografías remata o 30 de novembro, e cada participante poderá enviar unha soa imaxe ao correo info@concellodecarballedo.es.