Derradeiros días para anotarse na XI Carreira Popular Concello do Saviñao

O vindeiro 21 de agosto celebrarase a XI Carreira Popular Concello do Saviñao, unha cita xa consolidada no calendario deportivo local. A proba contará con inscricións gratuítas para todas as categorías, desde chupetines ata absoluta.
A carreira incluirá avituallamento sólido e líquido para todas as persoas inscritas e trofeos para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta.
As probas comezarán ás 11:00 horas cos máis pequenos e prolongaranse ata o mediodía, cando partirá a carreira absoluta, cun percorrido de 8 quilómetros.
O prazo de inscrición estará aberto ata este xoves, 31 de xullo. As persoas interesadas poden anotarse ou solicitar máis información no correo deportes@concellodosavinao.com ou nos teléfonos 622 028 518