Denuncian pintadas na ruta da Devesa da Rogueira
A ruta que discorre pola Devesa da Rogueira, no concello de Folgoso do Courel, foi obxecto de actos vandálicos durante os últimos días, tal e como denuncian desde o propio concello a través das súas redes sociais e grazas a un veciño, que alertou de que un grupo de persoas “pintou de verde sobre as pedras para indicar o camiño, incluso en sitios debaixo dos propios indicadores oficiais de ruta”.
A Devesa da Rogueira é un dos bosques máis valiosos e diversos de Galicia. Este enclave alberga unha extraordinaria riqueza botánica, cunha mestura única de especies atlánticas, mediterráneas e de alta montaña, como carballos, faias, teixos e acivros. A súa biodiversidade convérteo nun refuxio para numerosas especies animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción. Cabe destacar que esta ruta atópase perfectamente sinalizada e coidada.