Denuncian o mal estado da estrada que une A Pobra do Brollón co Incio
SarriaXa | RibeiraSacraXa
O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia.
10 Maio 2021
O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi deteriorado, afectando a comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes.
O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó Parlamento de Galicia unha proposición para instar á Xunta de Galicia a axilizar o asfaltado de dita estrada.
"A LU-653 é unha vía fundamental para a comunicación das persoas e a vertebración socioeconómica do noso concello", afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. "É de vital importancia actuar xa para mellorar o seu estado porque está próximo a intransitable", apuntou.