Denuncian actos vandálicos nos postes da luz de Vilanova, na Pobra de Trives
O Concello da Pobra de Trives denuncia actos vandálicos rexistrados esta fin de semana nos postes da luz da parroquia de Vilanova. Concretamente, denuncian que “persoas descoñecidas, utilizando unha motoserra, realizaron cortes nun poste da luz coa intención aparente de que rompese co efecto do vento”.
Dende o goberno municipal advirten do perigo que supón para a veciñanza esta situación e aseguran que xa se están a tomar as medidas necesarias para asegurar a estabilidade do poste, que será substituído por outro
Os feitos, que foron denunciados ante a garda civil, producíronse na noite do sábado e dende o Concello chaman á colaboración veciñal para atopar aos autores. “Actuacións como estas non deben quedar impunes en ningún caso, pois non so supoñen un dano ao patrimonio que é de todos e todas, senón que poñen en grave perigo a quen camiñe ou circule pola zona”, aseguran dende o Concello.