A Vicepresidencia da Deputación destaca a importancia de apoiar o Santa Cruz Bike
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Deportes, colabora e impulsa da ruta ciclista Santa Cruz Bike, organizada por Biciracing Monforte.
Este sábado, 24 de agosto, a parroquia Santa Cruz de Brosmo, en Sober, reunirá a 200 ciclistas de BTT para participar neste percorrido de preto de 50 quilómetros de percorrido.
Trátase dunha proba non competitiva que permite aos participantes coñecer a beleza da paisaxe desta parroquia da Ribeira Sacra, ao tempo que se goza do deporte e a natureza.
O percorrido ten un trazado de 29 quilómetros de sendeiros, máis de 14 quilómetros de pista e preto de 6 quilómetros de estrada, ademais os ciclistas contarán con tres puntos de avituallamento e zona de duchas, aparcamentos ou limpeza de bicicletas.
Santa Cruz Bike encherá un ano máis esta parroquia de ciclistas que busquen un sábado diferente, sendo xa un referente nas probas ciclistas non competitivas da provincia e completando sempre o número de prazas nos últimos anos.
Dende a Vicepresidencia da Deputación destacan a importancia de apoiar estas probas que demostran o compromiso e a clara aposta polo deporte, polo turismo e polo territorio que se mantén ao longo do ano con diferentes propostas e iniciativas.