Degustación de Porco Celta, charlas e actividades para nenos e adultos na primera Festa do Cocido de Carballedo

RibeiraSacraXa
O Concello de Carballedo vén de concretar a programación da primeira Festa do Cocido e a primeira Mostra de Artesanía do Concello de Carballedo que terán lugar o vindeiro 24 de febreiro.
Carballedo concello
20 Feb 2024

O Concello de Carballedo vén de concretar a programación da primeira Festa do Cocido e a primeira Mostra de Artesanía do Concello de Carballedo que terán lugar o vindeiro 24 de febreiro.

Así, o pavillón de Carballedo acollerá, a partir das 10.30 horas, a Feira I Mostra de Artesanía no Concello de Carballedo e ás 11.00 horas abren os stands de artesanía. Ademais, ás 12.00 horas haberá unha charla sobre o mel e as 12.30 horas outra sobre o Porco Celta, para rematar ás 13.30 horas cunha degustación de xamón de porco Celta, que dará paso ao pregón do evento, a cargo de Anxo González Guerra ás 13.30 horas. Xa as 14.30 horas terá lugar a comida de cocido de Porco Celta cun sorteo e sobremesa.

Ademais de todo isto, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas haberá obradoiros de cestairas para nenos e maiores e a Charanga Unión Phenosa amenizará a xornada e a sesión vermú coa súa música.

Esta cita, organizada polo propio Concello, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e asociacións como os Tres Fuciños, a marca Porco Celta e a asociación Asoporcel.

Todos os veciños e veciñas que queiran participar desta xornada festiva poderán facelo e para consumir o cocido terán que pagar un menú de 25 euros os adultos e de 15 euros os nenos e nenas de ata 12 anos.

0.13891887664795