Declaran deserto o proceso de selección de 3 policías locais en Monforte e anuncian nova convocatoria

O Concello de Monforte, nunha sesión extraordinaria da xunta de goberno local celebrada esta mañá, vén de declarar deserto o procedemento selectivo para cubrir 3 prazas da Policía Local, despois de que ningún dos aspirantes que superaron a proba teórica conseguise aprobar a parte práctica, das probas físicas.
O Concello adiantou que a convocatoria se publicará nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o prazo para a presentación das solicitudes abrirase unha vez que sexa publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE).
UN PROCESO POLÉMICO
A coincidencia impedía aos aspirantes presentarse ás dúas convocatorias e propiciou que, dos 301 inscritos nas probas de Monforte, soamente 14 asistisen finalmente.