Decenas de persoas participaron da Ruta do Ouro de Margaride de Quiroga

RibeiraSacraXa
Este percorrido pola minería aurífera, guiado polo arqueólogo Iván Álvarez Merallo, levaba os participantes á explotación aurífera romana de Margaride
ruta-do-Ouro-Margaride-Quiroga
22 Xul 2024

Decenas de persoas participaron da Ruta do Ouro de Margaride, enmarcada no programa de dinamización turística 'Descubrir Quiroga', no que tivo a protagonista foi a minería aurífora.

O concelleiro de Turismo; Vicente Parra, e o técnico de cultura, Ramón Vila; foron os encargados de recibir aos máis de vinte participantes e explicarlles o recorrido por onde os ía levar a ruta.

O concelleiro aproveitou para dar as grazas pola participación e agradeceu a todos os profesionais que fan posible estas actividades, así como a Deputación Provincial pola financiación, e animou a seguir desfrutando das rutas para descubrir Quiroga.

Este percorrido pola minería aurífera, guiado polo arqueólogo Iván Álvarez Merallo, levaba os participantes á explotación aurífera romana de Margaride e arredores, así como as minas de Caspedro e as Medas.

A próxima saída do programa organizado dende a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura, e co apoio financeiro da Deputación de Lugo terá lugar o vindeiro 27 de xullo cunha actividade para coñecer a actividade acuática do piragüismo que terá lugar en Augasmestas.

Os interesados en participar nestas actividades totalmente gratuítas pero con límite de prazas, terán que anotarse na Casa de Cultura, ben persoalmente ou a través do correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es antes das 13.00 horas do día anterior á realización da actividade.

0.17851996421814