Curso sobre DESA en Chantada para voluntarios de Protección Civil

RibeiraSacraXa
Organizado para o vindeiro 12 de xuño en Chantada un curso presencial sobre DESA dirixido a persoal de voluntarios de Protección Civil.
desfibrilador externo
26 May 2021

Organizado para o vindeiro 12 de xuño en Chantada un curso presencial sobre desfibrilación externa semiautomática (DESA) dirixido a persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC).

A actividade terá unha duración de cinco horas -de nove da mañá a dúas da tarde- e os asistentes recibirán formación sobre o manexo de desfibriladores externos, co obxecto de lograr incrementar as taxas de supervivencia dos pacientes con morte súbita, ao acadar un acceso áxil a un sistema de emerxencias médicas; así como acortar os tiempos para realizar reanimación cardiopulmonar e desfibrilación precoz.

A convocatoria vén de ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e as persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe -26 de maio- ata o 2 de xuño. Para participar, os voluntarios teñen que ter superado o curso básico de Protección Civil.

A inscrición é gratuíta e debe facerse de forma telemática na páxina web da Axencia Galega de Seguridade Pública (Agasp), onde pode consultarse o contido de todas as actividades organizadas por este organismo.

0.17100501060486