'Cuñados 2' chega á Casa da Cultura de A Pobra do Brollón este domingo

O trío formado por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez regresa coa continuación da disparatada comedia 'Cuñados', que se poderá ver este domingo dentro do Ciclo Mestre Mateo.
A trama comeza coa aparición dun cadáver no medio da ponte de Tui, durante a celebración do Entroido, e desencadea unha serie de ilegalidades, enredos, equívocos e casualidades que marcan o ton desta divertida historia.
A función terá lugar o domingo 31 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo', na Pobra do Brollón, e promete facer rir a todos os asistentes coa esencia desta comedia galega.